Motivación cara á ESO

Imprimir admin - 16-Febrero-2016 - 17:18:29 

16 de febrero de 2016
Durante a tarde do xoves día 11, as clases de 6º EP tivemos ocasión de comezar a coñecer a etapa da ESO, da que formaremos parte no vindeiro curso. O comezo dunha nova etapa supón certos cambios, como por exemplo os horarios, os profesores, as materias, algúns compañeiros... Todos estes cambios axudarán a seguir medrando. Durante esta tarde acudimos á zona de ESO do noso colexio onde vimos un vídeo con actividades que se realizan en ESO. Ademais uns profesores faláronnos de como é o ritmo e dalgunas das novidades que nos atoparemos, así como tamén visitamos parte das instalacións: as aulas, os laboratorios, o museos de ciencias...
Toca rematar este curso e xa estamos listos para o paso!



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq