Celebración Misioneira en Infantil e Primaria

Imprimir admin - 20-Octubre-2015 - 16:49:51 

20 de outubro de 2015
O pasado venres, 16 de outubro, os alumnos de Infantil e de Primaria estivemos facendo unha pequena oración lembrando aos nosos misioneiros e misioneiras. Deste xeito continuamos coa campaña do DOMUND que traballamos estes días no colexio.
 
Na igrexa tamén escoitamos a Belén, mestra de infantil, que nos falou en primeira persoa da súa experiencia, que lle permitiu coñecer a moitas persoas que viven noutros países, lonxe do noso, e que teñen necesidades que nin imaxinabamos. Así descubrimos que grazas aos misioneiros e misioneiras e á nosa colaboración económica hai moitos proxectos que poden seguir adiante nestes países: escolas, talleres, centros sanitarios...



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq