Convivencias 4º ESO

Imprimir admin - 29-Octubre-2014 - 21:51:57 

29 de outubro 2014
Con tres valentes alumnos de 4º A de ESO e o coordinador de pastoral de secundaria realizouse a peregrinación ao santuario dos Milagres desde o polígono. Foron 21 quilómetros. Desde as 10 até as 16:30 que chegamos ao santuario houbo momentos de paseo, diálogo, contemplar a natureza e até descansar nun bar e xantar.
Nos Milagres escoitamos a eucaristía e logo fomos en coche até o albergue salesiano de Allariz onde nos duchamos, avaliamos a experiencia (por certo moi positivamente), comparamos a nosa vida cun camiño e ceamos. Regresamos ás nosas casas ás 22:30 h. Ver galería de fotos.



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq