Día escolar pola Paz

Imprimir admin - 02-Febrero-2014 - 23:48:44 

O acto central que Salesianos realizou o xoves 30 de xaneiro conmemorando o Día escolar pola paz e non-violencia consistiu nunha manifestación-camiño pola paz ao redor da fonte de Concepción Arenal, na que participou todo o alumnado e profesorado.
 
Desenvolvemento do acto
 
Despois de preparar as pancartas e o manifesto nas aulas, ás 12.30 h. deu comezo a manifestación, que saiu do patio de Primaria pola porta que leva directamente á Praza de Concepción Arenal. En cabeza unha pancarta co lema: “Movémonos en son de paz”, levada por varios alumnos e o director. Cada curso leva a súa propia na orde establecida.
Marchamos bordeando a fonte de Concepción Arenal baixando por Progreso aos xardíns Don Bosco, diante do colexio, entrando polos xardíns do interior en dirección ao campo de fútbol, excepto os pequenos que foron ás aulas. Víanse as pancartas preparadas por cada aula, que ao chegar ao campo de fútbol puxéronse formando un "C". Coa solta de pombas por parte dunha alumna de 2º de bacharelato rematou o acto, abreviado polo mal tempo. O acto apareceu nos medios de comunicación escritos e máis na Televisión de Galicia.
Ver galería de fotos. Ver enlaces de La Región:
http://www.laregion.es/noticia/276810/ninos/alzan/
http://www.laregion.es/galeria/1763/49002
http://www.laregion.es/galeria/1763/49006
http://www.laregion.es/galeria/1763/49007
http://www.laregion.es/galeria/1763/49009


   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq