NOTICIAS DE PASTORAL
 
OUTUBRO


Convivencias cristiás intercentros Camiño de Santiago. 2º Bacharelato:

Os días 10 e 11 de outubro, 23 alumnas e alumnos de 2º Bacharelato, acompañados por dous profesores a pé e unha profesora no coche de apoio, participaron nas convivencias cristiás facendo un tramo do Camiño de Santiago Francés.
Compartiron esta experiencia cun bo grupo do alumnado do mesmo curso do colexio salesiano de Vigo e do de A Coruña.
A xornada do luns foi unha experiencia de camiño, de peregrinaxe, ata chegar a Compostela; coa xa tradicional foto na Praza do Obradoiro coa Catedral de fondo. A do martes, foi máis de reflexión, de descuberta a partir de experiencias propias e alleas e de celebración con outras persoas na misa do peregrino na Catedral (co ritual do botafumeiro incluído).
Un tempo de convivencia que se oferta desde o colexio e que favorece o encontro cos demais, cun mesmo e con Deus.
 
SETEMBRO

Inauguración oficial do curso:
O venres 30 tivo lugar a inauguración oficial do curso 2016-2017.
O alumnado de Secundaria e Bacharelato participou en diferentes actividades e propostas.
Como non podía ser doutra maneira, neste día especial tamén nos achegamos ao templo para dar grazas a Deus e pedirlle que nos acompañe durante este novo curso.
Arredor do lema “A miña vida. #NovaTempada” tivemos unha sinxeliña celebración da Palabra. 1º, 2º e 3º ESO por unha banda e 4º ESO, 1º e 2º Bacharelato por outra.

Presentación dos grupos do Itinerario de Educación na Fe (IEF):
- Na semana do 19 ao 23 de setembro tivo lugar a presentación dos grupos de ADS (Amigos Domingo Savio) e Catecumenado para o alumnado de Secundaria e Bacharelato.
1º e 2º ESO coñeceron de primeira man que se fai en ADS, cando se xuntan os grupos, por que é importante participar, como inscribirse… Estiveron acompañados por animadores e, ademais de recibir información e ver unha memoria audiovisual do que se viviu o curso pasado nos grupos de ADS, gozaron de xogos de patio para descubrir así motivos polos que anotarse.
- Desde 3º ESO ata 2º Bacharelato, nas titorías, e por boca de compañeiras e compañeiros de cursos superiores, coñeceron o que é Catecumenado. Nada mellor para falar da importancia de pertencer a estes grupos que a través da experiencia doutras persoas de idades similares!

Profesorado en formación:
O pasado 5 de setembro, o profesorado de Infantil, Primaria e Secundaria (e tamén o equipo de educadoras/es de Teranga) participou nun encontro de formación sobre a pastoral salesiana.
Desde as 9:00h. ata as 13:30h. achegámonos ao “Cadro de referencia da pastoral xuvenil salesiana”, da man do SDB Xabier Camino Sáez (coordinador inspectorial de Animación Vocacional en Salesianos Santiago el Mayor).
Unha oportunidade para situarnos e avanzar no traballo en prol da infancia e a mocidade.
 
           

PREZI DE PRESENTACIÓN DE LA PASTORAL DE INFANTIL A LAS FAMILIAS
PREZI DE PRESENTACIÓN DE LA PASTORAL DE PRIMARIA A LAS FAMILIAS


EQUIPO DE PASTORAL

É o responsable da animación, coordinación e execución de todo o referente á acción evanxelizadora e pastoral do centro.
 
Reúnese semanalmente (os xoves de 12:30 a 13:30 h.).
  
Equipo local de pastoral:
- Coordinador de Pastoral EI
- Coordinador de Pastoral EP           
- Coordinadores axuntos EP    

- Coordinador de Pastoral ESO-Bac.
- Coordinadores axuntos ESO-Bac.
 
- Director do colexio  
- Director da obra salesiana
- Coordinador do Centro Xuvenil
 
Jorge Asenjo Martínez
Pablo Álvarez
Francisco José Gómez
Cristina López
Xulio César Iglesias
Bibiana Martínez
Iván Vilar
Lupicinio Peña
Isidro Lozano
Manuel Seguín
 
 



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq