Composición del Consejo Escolar:

Última renovación: noviembre 2016

Lupicinio Peña, Director (Presidente).
  1. Isidro Lozano, representante da Entidade Titular do Centro.
  2. Xulio C. Iglesias, representante da Entidade Titular do Centro.
  3. José Álvarez, representante da Entidade Titular do Centro.
  4. Marta Gómez, representante dos profesores.
  5. Alicia Fernández, representante dos profesores.
  6. Mª Dolores Gómez, representante dos profesores.
  7. Rosa Santos, representante dos profesores.
  8. Telmo Cao, representante dos pais.
  9. Patricio Sánchez, representante dos pais.
  10. Pula A. Arango, representante dos pais.
  11. Marian González, representante dos pais (ANPA).
  12. Manuel Ucha, represententante dos alumnos.
  13. Laura Meiriño, representate dos alumnos.
  14. Rosa Mª Domínguez, representante do PAS (Secretaria).
 
Funcións (art. 81 RRI)
  1. Participar na elaboración e aplicación do Proxecto Educativo-Pastoral do Centro.
  2. Aprobar, por proposta da Entidade Titular, o Regulamento de Réxime Interior do Centro.
  3. Aprobar e avaliar a Programación Xeral Anual do Centro que elaborará o Equipo Directivo.
  4. Aprobar, por proposta da Entidade Titular, o Presuposto do Centro e a Rendición Anual de Contas con respecto ás cantidades recibidas da Administración para "outros gastos".
  5. Intervir na designación e cesamento do Director de acordo co previsto nos artigos 56 e 57 do presente Regulamento.
  6. Intervir na selección e despedimento do profesorado de acordo co disposto no artigo 60 da Lei 8/1985, de 3 de xullo, e os artigos 25 e 26 do presente Regulamento.
  7. Garantir o cumprimento das normas xerais sobre admisión de alumnos en niveis concertados.
  8. Ser informado da resolución dos conflitos disciplinarios moi graves, e velar polo cumprimento da normativa vixente.
  9. Coñecer as directrices para a programación e desenvolvemento das actividades escolares complementarias, actividades extraescolares e servizos escolares.
  10. Propoñer, no seu caso, á Administración a autorización para establecer percepcións aos pais dos alumnos pola realización de actividades escolares complementarias en niveis concertados.
  11. Aprobar, se é o caso, por proposta da Entidade Titular, as achegas dos pais dos alumnos para a realización de actividades extraescolares, e os servizos escolares en niveis concertados, se tal competencia fose recoñecida pola Administración Educativa.
  12. Establecer relacións de colaboración con outros Centros con fins culturais e educativos.
  13. Supervisar a marcha xeral do Centro nos aspectos administrativos e docentes que sexan da súa competencia.
  14. Propoñer medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no Centro, a igualdade entre homes e mulleres e a resolución pacífica de conflitos.
 
Réxime de funcionamento (art. 82 RRI)
  1. As reunións do Consello Escolar serán convocadas e presididas polo Director. A convocatoria realizarase, polo menos, con suficiente antelación e irá acompañada da orde do día. Cando a urxencia do caso o requira, a convocatoria poderá realizarse con vinte e catro horas de antelación.
  2. O Consello Escolar reunirase ordinariamente tres veces ao ano coincidindo con cada un dos tres trimestres do curso académico. Con carácter extraordinario reunirase a iniciativa do Presidente, á súa instancia ou por solicitude da Entidade Titular ou de, polo menos, a metade dos membros do Consello.
  3. Os conselleiros electivos renovaranse por metades cada dous anos. As vacantes que se produzan con anterioridade ao termo do prazo do mandato cubriranse tendo en conta, no seu caso, o previsto no artigo 80.1 do presente Regulamento. Neste suposto o substituto serao polo restante tempo de mandato do substituído.
  4. O Consello Escolar quedará validamente constituído cando asistan á reunión a metade máis un dos seus compoñentes.
  5. As deliberacións do Consello poderán ser convocados polo Presidente, con voz pero sen voto, os demais órganos unipersonais e aquelas persoas das que se estime oportuno o seu asesoramento.
  6. Os acordos deberán adoptarse, polo menos, polo voto favorable da metade máis un dos presentes, salvo que, para determinados asuntos, sexa esixida outra maioría. En caso de empate, o voto do Presidente será dirimente.
  7. Todos os membros terán dereito a formular votos particulares e a que quede constancia destes nas actas.
  8. As votacións serán secretas cando se refiran a persoas ou o solicite un terzo dos asistentes con dereito a voto.
  9. Todos os asistentes gardarán reserva e discreción dos asuntos tratados.
  10. O Secretario do Consello Escolar será nomeado polo Director do Centro. De todas as reunións o Secretario levantará acta, quedando a salvo o dereito a formular e esixir, na seguinte reunión, as correccións que procedan. Unha vez aprobada será subscrita por o Secretario que dará fe co visto bo do Presidente.
  11. A inasistencia dos membros do Consello Escolar ás súas reunións deberá ser xustificada ante o Presidente.
De común acordo entre o Director do Centro e o Consello poderanse constituír comisións coa composición, competencias, duración e réxime de funcionamento que se determinen no acordo de creación, e que serán incorporadas como Anexo ao presente Regulamento.
 
Reunións

- 9 de novembro: comunicación dos novos profesores; aprobación dos obxectivos da PXA.
- 13 decembro (extraordinaria): constitución do Consello Escolar despois das eleccións de novembro.
- 25 xaneiro: avaliación do primeiro trimestre. Rendición de contas e aprobación dos presupostos.
- 26 abril: avaliación do 2º trimestre. Información do proceso de admisións para o curso 2015-2016.
- 29 xuño: avaliación do curso. Aprobación cantidades a percibir no vindeiro curso.
  Actividades extraescolares, ...



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq