Debate escolar na Deputación Provincial

Imprimir salesianos15admin - 28-Noviembre-2017 - 09:11:47 

28 de noviembre de 2017
O Salón de Plenos do Pazo Provincial acolleu a celebración dun pleno Infantil con motivo da 5ª "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación", protagonizado por 75 alumnos de 1º da ESO do Colexio "María Auxiliadora" de Ourense, acompañados polos seus docentes, quen debateron sobre o entroido, temática desta edición da Semana Escolar que organiza a Deputación de Ourense.

O vicepresidente do goberno provincial, Rosendo Fernández, foi o encargado de recibir ao alumnado e explicarlles o funcionamento da institución provincial, así como das diferentes Áreas da Deputación de Ourense a través das cales a institución presta servizos a concellos e cidadáns. No pleno, os estudantes aprobaron tres propostas, referidas darlle unha maior difusión ao entroido, e visitas dos maiores aos centros educativos para contar as peculiaridades que tiña esta celebración antigamente.

Esta quinta edición da "Semana Escolar da Provincia e a súa Deputación" achega os distintos aspectos relacionados co entroido, como patrimonio inmaterial, aos 8.751 alumnos e docentes inscritos na actividade, pertencentes a 66 centros educativos. Para elo, a Deputación de Ourense editou o manual De Entroido pola ourensanía, ilustrado por Ana Costas e escrito por Alberto Ramos, e tamén unha guía do profesorado e un programa de actividades con propostas de traballo.

A celebración do pleno Infantil inicia a semana de actividades que os centros inscritos realizarán ata o 1 de decembro cando, como peche das actividades, os colexios realicen unha serie de actos relacionados cos traballos feitos ao longo da semana.



   RSS
Política de Privacidad
CPR Plurilingüe María Auxiliadora (Salesianos)
Plaza Don Bosco, 1 32003 Ourense
Tel. 988 370 537
salesianos@salesianos-ourense.com
Visualq